homenaxe, despedidas e un partido moi intenso.
Como tradición, todos os anos organizamos un partido amigable en lembranza do noso compañeiro Jesús Carrera, “Jess”.
Este ano o equipo xogou contra o COEB Ponfesala, co seu capitán Fernando Blanco “Dilín”, que estivo moitos anos no noso equipo cos irmáns Carrera.
Despois de facer entrega dun ramo de flores aos pais do noso “Jess”, “Dilín” obsequioulles con outro ramo de flores e ao irmán Bruno cunha camiseta do equipo de Ponferradino co número 3 (a de “Jess”).
No aire palpáronse emocións e sentimentos. Ademais, Bruno xunto con Juanma despedironse do fútbol sala. Bruno levaba xa 17 anos no equipo e Juanma 10 anos.
Tras o acto co seu discurso, o seu sincero agradecemento, e a entrega dunha placa a Bruno e Juanma como despedida, os dous equipos comezaron o encontro con moitas ganas de xogar e gañar aos seus adversarios.
Por último, independentemente do resultado (gañáronnos por 4-7), todos os presentes no partido coincidirán en que foi unha tarde moi emocionante en todos os aspectos.
Fonte: Xornal Local O Sil – 10/09/2022