A pandemia provoca a caída das exportacións en abril


A industria da louxa pechou as súas portas en abril obrigada polas restriccións impostas para facer fronte á pandemia mundial do coronavirus en España. Os efectos desta decisión xa se deixaron notar en marzo, pero o peor aínda estaba por chegar. Así o reflicten as cifras, que falan por sí mesmas: case un 45% menos de exportacións de louxa con respeto ás cifras do ano anterior, 2019.

O noso país de referencia, Francia, deixaba de importar no primeiro cuatrimestre do ano, un 18% menos de louxa, facturando 34 millóns de euros, case 6 millóns menos con respecto ás cifras do mes de marzo do ano 2019. Reino Unido rexistrou cifras moi semellantes de baixada, cun 28% menos de volumen de importación, o que se traduce en outros 6 millóns menos de facturación.

Unha vez máis, Alemaña amortiguaba o impacto destas cifras tan negativas, rexistrando un inclemento do 4% en volumen de exportación con respeto ós catro primeiros meses do 2019.