Obra do mes. Xuño: Royal Hainaut Spa & Resort Hotel


No noso afán de escoller cada mes unha obra que nos represente, neste mes de xuño, continuamos coa rehabilitación de cubertas de construccións catalogadas coma históricas, nesta ocasión, a gama utilizada para monumentos históricos da nosa louxa K08 foi a elexida para a sustitución do teito do Hospital General de Hainaut, unha construcción de mediados do século XVIII. A obra contemplou a transformación do edificio nun hotel de luxo de catro estrelas, o Royal Hainaut Spa & Resort Hotel, que abriu as súas portas en 2017.

Para a súa rehabilitación utilizáronse 11.000 m2 da nosa louxa K08 en formato 40×22, de 5 mm de espesor. Unha obra colosal de 5 anos de traballo, que se realizou respetando ao máximo a construcción orixinal e que actualmente recibe hóspedes de todo o mundo na cidade patrimonial de Valenciennes, ao norte de Francia.

A revista local Valenciennes Métropole, destacou o novo hotel tras a rehabilitación coma: “unha nova joia”.