Grazas polo voso apoio


O pasado mes de marzo, Pizarras Los Tres Cuñados F.S. comunicaba a suspensión de todas as actividades do clube, adiantándose incluso ao peche das Escolas decretado polo Concello do Barco. A Alerta Sanitaria declarábase en todo o país e o club informaba das medidas de prevención tomando a decisión máis dura.

Pizarras Los Tres Cuñados FS decidiu entón devolver ás familias a parte proporcional da matrícula dende o 15 de marzo ata o final do curso, ou descontar tal cantidade da matrícula do vindeiro ano. O apoio incondicional ó clube foi inánime e eso é algo que nos enche de orgullo e agradecemento pola confianza que nos teñen demostrado.

Semanas despois, anunciábase o fin  da temporada, acordándose pola Federación reconocer a clasificación conseguida ata o momento da suspensión. Así, podemos anunciar que o noso equipo infantil conseguiu o ascenso á liga autonómica para a vindeira tempada.