K08 participa activamente en dúas campañas de Cruz Vermella


Rematan dúas campañas postas en marcha polo Cluster da Pizarra de Galicia en colaboración con Cruz Vermella Valdeorras, unha de recollida de alimentos e outra de recollida de xoguetes, que obtuveron unha gran implicación do noso personal que colaborou activamente.

Ambas entidades asinaron un acordo de colaboración a beneficio dos proxectos de infancia e xuventude que desenrola a organización humanitaria.

Os xoguetes serán entregados as familias e menores en risco de exclusión social da comarca e os alimentos repartiranse cada día aos participantes do proxecto de apoyo escolar.