Mellor se son de louxa


Pouco a pouco e sen que case nos demos conta, achégase o Nadal. Este ano, ainda que o viviremos doutra forma, non faltará unha mesa á que se sentará a nosa familia e sobre a que colocaremos manjares que so se disfrutan unha vez ó ano.

Como cada ano, as bandexas colocaranse coma un puzle sobre o mantel reservado para ocasións especiais. E moitas delas, serán de louxa. Sobre todo na nosa terra, onde se fará gala do noso, pero tamén en moitas partes de España e de Europa, onde as exportamos. Porque cada ano, a demanda deste tipo de produto crece de forma exponencial.

E cada ano, as esixencias son maiores. Das formas rectas ou circulares máis sinxelas, pasamos a composicións máis complicadas, sen restar elegancia á presentación de cada prato. O postre que fixemos xuntos ou os canapés para abrir boca, este ano tamén se levarán á mesa en bandexa, e será moito mellor se é de louxa.