Os máis xóvenes visitan as nosas instalacións


As visitas dos máis xóvenes sempre son moi enriquecedoras e nesta ocasión non ía ser menos. Esta semana recibimos nas nosas instalacións ao alumnado do Colexio Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, e ao do IES Cosme López da Rúa, gracias a unha iniciativa promovida polo Cluster da Pizarra de Galicia.

O obxectivo final, que os xóvenes da comarca puidesen descubrir todas as fases do proceso de elaboración da louxa. Durante a visita, os alumnos viron as labores que realizan os profesionáis que forman parte desta cadea.

Tras o percorrido, unha parada técnica para reponer forzas convertiuse nun intercambio de preguntas e ideas de todo tipo, sobre cuestión de extracción, elaboración, transporte, facturación, etc.

Pola nosa parte, o equipo de K08 espera seguir recibindo este tipo de visitas, a única maneira de que os máis xóvenes podan coñecer e valorar o traballo da louxa, na cunca de onde parte o 90% deste produto a nivel mundial.