Poñemos o diario en marcha


O equipo K08 traballa xa no novo diario de eventos sociais adaptado á nova situación, que poderá poñerse en marcha, pouco a pouco e con todas as garantías de seguridade, coa chegada da “nova normalidade”. Así, as dúas actividades cuxo protagonista é o público serán as que requiran un maior esforzo de planificación e organización.

En primeiro lugar, as visitas, que non poderán retomarse ata que as autoridades permitan o tránsito de persoas dentro e fora do territorio nacional. Co grato recordo dos primeiros visitantes do 2020, esperamos e desexamos recobrar canto antes ese intercambio cultural do que tanto desfrutamos.

En segundo lugar, a asistencia a feiras, cuxa primeira oportunidade quedábase as portas de poder celebrarse xusto uns días antes de que España decretase o Estado de Alarma. Trátase do Salón Gedimat 2020, programado para os días 10, 11 e 12 de marzo e que finalmente foi suspendido sen que aínda haxa noticias dunha posible reedición.

Na axenda de K08 tamén contémplase a asistencia en outubro ao Salón Artibat 2020, que xa quedou postposta oficialmente ós días 13 , 14 e 15 de outubro de 2021.