Obra do mes. Xaneiro: Capela de San Xil de Casaio


A K08 é unha louxa elexida para a rehabilitación de cubertas en construccións catalogadas como históricas. A nosa marca pode localizarse no máis alto de edificios emblemáticos que teñen pasado por un proceso de restauración e mellora do patrimonio cultural e arquitectónico co objectivo final da súa mellor conservación.

No noso empeño de elexir cada mes unha obra que represente os nosos valores no seu conxunto, comezamos o ano apelando as nosas raíces e ao orgullo de que sexa a K08 a louxa elexida para a rehabilitación da cuberta da capela de San Xil de Casaio. O minucioso traballo de reconstrucción realizouse respetano ao máximo a construcción orixinal.

A construcción orixinal data do século XIII, “despois de que o santo se retirara aos montes de Casaio procedente do priorato de Santa Cruz e antes, do monasterio de Carracedo (El Bierzo)”. Así o conta o teólogo e historiador Isidro García Tato, membro do CSIC, nado en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras). “Según os datos que manexamos, a capela debeu construirse entre 1240 e 1250, no momento no que San Xil vivía alí co seu irmao Pedro Fresne”, defende o estudioso.

A comezos do século XVII comezaría a construcción dunha nova capela, que chegaría ata os nosos días.